Denuncian un lustro de escuridade na xestión dos fondos europeos para a protección da natureza

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
  1. EXCLUSIVA: El Gobierno del PPdeG en la Xunta reconoce en documento público  que no dispone de profesionales para controlar el Medio Ambiente ni la  contaminación, solo existen para cursos y masteres privados. -A Consellería de Medio Ambiente e Transparencia rexeita ofrecer información concreta da cantidade exacta e dos proxectos concretos nos cinco anos de estudo (2016-2020) para o informe de Ecoloxistas en Acción sobre a xestión da Xunta de Galicia das axudas europeas á conservación da natureza.

  2. Ecoloxistas en Acción mostra a súa “perplexidade” pola falta de transparencia do Goberno galego e denuncian que se “desvíen” fondos a accións “que pouco ou nada teñen que ver co patrimonio natural”, entre elas algunha dedicada á caza.


Desde hai sete anos está vixente o Programa Operativo Feder, da Unión Europea, que se alongou ata o 2020. Dentro das súas liñas estratéxicas estaba plasmado o de conservación do ambiente a través de axudas que cubrían, nalgúns casos, ata o 80% das accións propostas por Concellos, entidades de distinto tipo e particulares. A Xunta convocou estas axudas de xeito periódico pero nin sequera no Diario Oficial de Galicia (DOG) queda reflectido o obxecto de todas estas cantidades orzamentarias entre os anos de estudo deste traballo: 2016-2020. A Consellería de Medio Ambiente e o Portal de Transparencia da Xunta non ofrecen información concreta das cantidades exactas nin dos proxectos específicos a xornalistas acreditados, escudándose, no caso do departamento que dirixe Ánxeles Vázquez, en que son varios os organismos internos que xestionan as axudas.

Nestes anos tamén se aprobou a nova Lei de Patrimonio Natural tras 18 anos da anterior normativa e o seu paso polo Parlamento de Galicia suscitou un forte debate no que todas as forzas da oposición criticaron as políticas de protección da natureza do Goberno galego. Pero se o eixo temático europeo do Programa Operativo Feder no que se plasma este tipo de actuacións tiña un orzamento de 152 millóns, no mes de febreiro deste ano 2021 a Xunta propón destinar 122 millóns de euros dos fondos Next Generation da Unión Europea, creados tras a pandemia de Covid-19, a desenvolver dez “proxectos de conservación de espazos naturais protexidos”.

Entidades ecoloxistas criticaron nos últimos anos o papel da Unión Europea na conservación da natureza e, na comunidade autónoma, as políticas da Xunta. Tras un acordo no Parlamento da UE para frear a destrución da biodiversidade, os expertos galegos aseguran que non se cumpre en Galicia que o 30% do territorio sexan áreas naturais.

Dende Ecoloxistas en Acción Galiza denuncian a imposibilidade de atopar “nin orzamentos nin cantidades exactas” dos fondos europeos que utiliza a Xunta anualmente pero, sobre todo, censuran que “non sabemos a que se destinaron” ao detalle. A situación de “perplexidade” é completa, comentan os seus representantes, porque existe un “desvío” de fondos a cuestións como “amañar camiños ou potenciar o turismo” que, destacan, “pouco ou nada teñen que ver co patrimonio natural”.

A entidade apunta como necesidades “urxentes” o freo das verteduras ás augas ou o tratamento de ecosistemas “sensibles” como as brañas que, din, están descoidadas. A política forestal ou a referida ao lixo son outros dos temas nos que a Xunta debería investir os cartos que chegan de Europa, engaden os ecoloxistas galegos, así como na biodiversidade e poñen como exemplo a “pouca preocupación” na conservación de sementes autóctonas. “Non se está protexendo o material xenético das nosas especies forestais, froiteiras...”, explican. O resultado das pescudas para realizar o informe lles causa “gran incerteza” e “preocupación” pola falta de transparencia da Xunta.

Informe: “Galicia 2016-2021 un lustro de escuridade na xestión dos fondos europeos para a protección da natureza”

 

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.