ADEGA oponse ao novo dique que o porto deportivo de Sanxenxo quere construír fronte á Carabuxeira

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

Plano do dique e o recheo das praias previsto

Santiago de Compostela, a 13 de agosto de 2021.- Nauta Sanxenxo, a sociedade municipal que xestiona o porto deportivo desta localidade vén de solicitar permiso da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para colocar un dique perpendicular á praia de Carabuxeira, de 100 metros de longo de formigón armado, para corrixir a alteración hidrodinámica que o porto deportivo de Sanxenxo exerce sobre este areal e o de Lavapanos.  O proxecto de Nauta Sanxenxo propón ademais o deitado de 24.000 m3 de area sobre a praia de Carabuxeira e 3.000 m3 enriba de praia de Lavapanos, así como a ocupación de 350 metros do paso de servidume do dominio público marítimo-terrestre enriba de cantís naturais.



A asociación ecoloxista ADEGA vén de solicitar á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta que denegue a autorización ambiental deste proxecto por promover actuacións que, non só non solucionarán a problemática da regresión dos areais de Carabuxeira e Lavapanos, senón que agravarán a alteración das correntes mariñas, suporán un importante impacto para os hábitats e especies mariñas, e aumentarán a presión urbanística sobre o mar inicidindo de forma moi negativa sobre o ecosistema natural.

Ademais, o proxecto de construción chamado eufemísticamente “Rexeneración das praias de Carabuxeira e Lavapanos e obras de acceso”, non propón ningunha solución que incida nas causas de orixe da problemática da regresión dos areais: a infraestrutura do porto deportivo de Sanxenxo. Paradoxalmente, prevé a incorporación de máis infraestruturas de formigón no mar e o aporte artificial de area que habería que repoñer de forma recorrente.

Defectos na avaliación ambiental do proxecto

Simulación do recheo e novo acceso á praia da Carabuxeira

A proposta de avaliación ambiental do proxecto de Nauta Sanxenxo carece de rigor. Ademais de non contemplar alternativas de solución real sobre o porto deportivo de Sanxenxo, non avalía cal pode ser o impacto do novo espigón sobre os fondos mariños e os hábitats de interese comunitario presentes na zona, como é o caso das comunidades bentónicas de algas e invertegrados (113010 Estuarios), hábitat recollido na Directiva 92/43/CEE. Tampouco analiza que impacto sufrirán aquelas comunidades de animais que viven no areal e que se verán directamente afectados polo aterramento ou deitado de area. Así mesmo, a remoción de area podería favorecer a contaminación biolóxica, contribuíndo a estender as especies exóticas invasoras, que o propio documento de inicio do proxecto recoñece que existen na zona.

Malia a estimar que o retroceso promedio da zona de costa obxecto de estudo por causa da mudanza climática estaría en 5,3 metros para o período 2018-2100, as actuacións programadas desprezan a certeza do incremento do nivel do mar, xa que favorecen os impactos do cambio climático sobre a costa.

Impacto no sector produtivo

O recheo dos areais e a construción do espigón afectarían a catro bancos marisqueiros dos cales 2 se explotan comercialmente na actualidade polas confrarías de Sanxenxo e Bueu, Lourizán, Pontevedra, Portonovo, e Raxó. Tampouco se determina na proposta de Nauta Sanxenxo como estas obras afectarían ao estado de conservación destes bancos marisqueiros e á actividade produtiva relacionado coa extracción de longueirón (Ensis ensis) e poliquetos (Lumbrineris impatiens) máis alá do período de construción das obras.

Desde ADEGA instamos a Nauta Sanxenxo e, en xeral, as autoridades públicas con competencias no litoral, que abandonen dunha vez por todas propostas de intervención urbanística agresivas co dominio público marítimo-terrestre e cos hábitats e especies que nel habitan, promovendo pola contra accións que tendan a liberar de infraestruturas innecesarias a primeira liña de costa e a corrixir (e non agravar) os efectos do cambio climático.

--
 
 
 
 
social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.