A Conselleira de Medio Ambiente abandona precipitadamente a xuntanza do COGAMADS bloqueando a votación da moratoria eólica

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuraron o comportamento da Conselleira e solicitaron a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel

 

Compostela, 27 de Xaneiro 2022. Ao longo da tarde de onte tivo lugar unha sesión do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel (COGAMADS) que, canto menos, evidenciou certo nerviosismo na Consellería de Medio Ambiente no tocante á oposición social e condenas xudiciais que están poñendo en evidencia os abusos que hai detrás da invasión eólica do noso territorio.

A petición de distintas entidades sociais, entre as que figuran o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), na orde do día foi incluído o tratamento dun punto sobre eólicos.

Logo de realizar a súa intervención, o vogal do SLG-CCLL no COGAMADS, Diego Sánchez Agra, solicitou, co apoio de ADEGA, FEG e SGHN, a votación do Consello para emitir un “Acordo” sobre a necesidade de paralización dos informes e concesións de parques eólicos até que o Plan Sectorial Eólico de Galicia -que data do ano 1997 e non foi sometido á avaliación ambiental estratéxica que obriga a Lei- sexa revisado e sometido a avaliación. Esta posición instaría tamén ao establecemento de criterios de avaliación que eviten o fraccionamento dos proxectos -e, por tanto, a emisión de informes parciais sobre os seus impactos-, así como a promover un cambio na lexislación para a mellor protección da cidadanía, o medio ambiente e o patrimonio. Polo que afecta á protección do territorio e ós valores medioambientais, subliñamos que este acordo debería facer mención explicita á necesidade de derogar as Leis de Depredación (5/2017 e 9/2021).

En segundo termo, e tendo en conta que entre as funcións do Consello está informar e elaborar propostas sobre cuestións de sustentabilidade a iniciativa propia dos seus membros, solicitamos levar tamén a votación a elaboración por parte do COGAMADS dun informe sobre o encaixe do actual modelo enerxético na sustentabilidade e resiliencia do territorio galego.

Sen embargo, a Conselleira de Medio Ambiente, presidenta do COGAMADS, eludíu tramitar a solicitude abandonando precipitadamente a xuntanza ante a sorpresa e indignación das asistentes, quedando mesmo sen tratar o último punto da orde do día da reunión.

Ao tempo que expresamos o malestar do SLG-CCLL, ADEGA, FEG e SGHN diante deste comportamento por parte da Conselleira, pedimos a constancia en acta das dúas solicitudes de votación realizadas, as irregularidades no peche abrupto da sesión, e a convocatoria á maior brevidade posíbel dun pleno extraordinario do COGAMADS para tratar as propostas bloquedas pola conselleira Ángeles Vázquez. Habida conta que a anterior conselleira de medio ambiente, Beatriz Mato, pasou directamente do seu cargo como responsable medioambiental a traballar en Greenalia, unha das empresas eólicas que máis presión está a exercer sobre o noso territorio, dende o SLG, ADEGA, FEG e SGHN advertimos que imos estar moi atentas á tramitación das solicitudes de votación bloqueadas no día de onte pola actual conselleira da área.

Cal é o papel da Consellería fronte ás irregularidades no sector eólico?

Os representantes do SLG-CCLL, ADEGA, FEG e SGHN no COGAMADS, instaran xa nas súas intervencións previas á Consellaría de Medio Ambiente a actuar fronte ás ilegalidades cometidas polas empresas enerxéticas e postas de manifesto nos últimos días por parte dos tribunais de xustiza. O incumprimento da normativa medioambiental comunitaria reducindo de 30 a 15 días de exposición pública os proxectos con impacto directo na poboación, e a externalización de servizos de avaliación de impacto patrimonial que deberían ser realizados pola Administración pública, son dúas das sentenzas xudiciais máis recentes.

Canda estas praxes ilegais, os vogais chamaron a atención tamén sobre a recurrente táctica de fraccionar en varios proxectos os parques eólicos que comparten subestacións ou liñas de evacuación, sendo na práctica un macroparque eólico. Fíxose algún informe desfavorable por fraccionamento? A nós non nos consta, e existen pronunciamentos xudiciais de ilegalidade deste tipo de prácticas. Non recoller estas casuísticas nos informes sectoriais desta Consellería pode ser tildado mesmo de prevaricación”, salientaron.

A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais en Galicia e a Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de Simplificación Administrativa e de Apoio á Reactivación Económica de Galicia, renomeadas pola cidadanía como “as leis de depredación”, e fortemente contestadas dende os ámbitos sociais por restrinxir os dereitos da poboación afectada por proxectos industriais, son responsábeis de ter alentado os abusos condenados agora polos tribunais. “Como se está a tratar este aspecto dende a Consellería? Hai sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza conforme os prazos de exposición non poden ser reducidos”, inquerimos dende as organizacións sociais. Interpelando directamente á Conselleira Ángeles Vázquez, cuestionamos o papel de “mera espectadora” da Consellería, fronte a unha accionar por parte da área de Industria que entra en obvia colisión cos ámbitos de protección medioambiental.

Abondando nesta situación, as organizacións sociais chamamos a atención sobre o preocupante informe da Comisión Técnica Temporal sobre Enerxía Eólica e Paisaxes Culturais do Consello da Cultura Galega (CGG) emitido o pasado decembro, no que urxía a realizar unha revisión inmediata do Plan Sectorial Eólico, e de xeito específico en todo o relativo ás avaliacións ambientais estratéxicas, Directrices de Ordenación do Territorio, Directrices da Paisaxe, novos espazos da Rede Natura, recursos hidrolóxicos -neste momento apenas se están tendo en conta-, o patrimonio cultural e a conectividade entre o espazo social e medioambiental. Ademais, destacamos a necesidade de contar con datos de seguimento de impacto dos parques xa en funcionamento, como por exemplo a nivel de mortandade de aves e outros animais ou afectación a augas subterráneas e superficiais.

A invasión eólica dos nosos montes está a impactar tamén directamente na destrución de terras agrícolas, masas forestais e pasteiros. Ademais de limitar a súa función principal -a produción de alimentos e materias primas-, a instalación masiva de plantas enerxéticas está a rachar coa función de conservación das montañas e masas forestais, eliminando sumidoiros de carbono.

Ante a situación de desprotección do noso medio rural, e o rol absolutamente feble da Consellería de Medio Ambiente fronte ás estratexias de Industria -cando non directamente facendo deixación das súas obriga, como no caso da negativa a tramitar as voltacións solicitadas onte-, o SLG-CCLL, ADEGA, FEG e SGHN cuestionamos á conselleira como consideraba que ía ser posible integrar este plan sectorial depredador dentro de liñas de traballo da súa Consellería, tales como a tan publicitada Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.