A Administración FEIJÓO ESTA CÓMOIDA NA INCAPACIDAD E amplía o seu prazo outros 3 meses máis para resolver o que non foi capaz de resolver.

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

Protestan no Salnés contra a deturpación do nome da Toxa pora DIVINIDAD  SANTO FRIJOL - Xornal GaliciaO novo teletraballo: camiño de rosas ou Vía Dolorosa?

A experiencia deste ano demostrou que o teletraballo é unha ferramenta fundamental para a prestación dos servizos públicos que evitou o peche dos mesmos e demostrou que os servizos de carácter administrativo puideron seguir funcionando con normalidade e con altos índices de eficiencia durante a crise do COVID.

 

Pero lonxe de aprender desta experiencia, a Xunta nos presenta un borrador de acordo sobre o teletraballo con algúns avances pero tamén con varias eivas e limitacións.

Como CIG queremos destacar unha serie de elementos deste borrador que nos sirvan para afrontar a negociación.

A vía máis doada: exclusión total de determinados corpos, escalas e colectivos en vez dunha análise concreta dos postos de traballo

Se ben a nova regulación do teletraballo parece configurar un sistema máis amplo en canto ao persoal que pode recorrer a esta modalidade, establece en realidade un sistema de limitacións que debería ser máis flexible (exclúe colectivos completos onde parte dos seus efectivos fan todo ou parte do traballo de carácter administrativo).

Esta exclusión de corpos e escalas completos é máis cómoda para a Xunta que determinar que postos de traballo concretos poden acollerse ao teletraballo ou non. A modo de exemplo, nun instituto de ensino secundario onde hai 3 ou 4 auxiliares administrativos, por que se exclúe a este persoal do teletraballo?

Flexibilización por conciliación OU teletraballo

No relativo á conxugación do teletraballo con medidas de flexibilización horaria por conciliación xa existentes o borrador supón un retroceso ao restrinxir esta flexibilidade ás franxas da ordinaria (de 9 a 14:30 como período obrigatorio de conexión) o que supón dinamitar a flexibilización horaria por coidado de fillos menores ou maiores a cargo e impedir que o persoal que xa a teña autorizado poida acollerse ao teletraballo.

Concursos e promoción interna OU teletraballo

Outra limitación absurda establecida neste borrador é a de esixir 2 anos de servizo no posto de traballo para o cal se solicita o teletraballo. Isto parece significar ou que ben a Xunta ou non quere teletraballo ou non quere mobilidade nin concursos nin promocións internas, porque quen se mova non vai saír na foto do teletraballo.

Redución das xornadas de teletraballo con respecto ás actuais

Restrínxense as xornadas que se poden prestar nesta modalidade en relación á regulación actual pasando a ser a metade das xornadas laborais mensuais o que reduciría en cómputo semanal as xornadas de 3 a 2,5.Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades  Municipios de Galicia - Xornal Galicia

O 40%: Presente!

Outra limitación arbitraria, recurso da indolencia intelectual da Xunta é a de fixar como café para todos unha porcentaxe de presenza dos efectivos de cada unidade administrativa, neste caso do 40%. É o camiño máis cómodo en vez de analizar as necesidades de presenza do persoal en cada unha das unidades.

Día do contaxio

Establécese que un día de cada semana todo o cadro de persoal de cada unidade administrativa preste servizos de forma presencial simultaneamente. Se ben nunha situación de normalidade isto pode ser aceptable, na situación actual non parece unha grande idea e habería que contemplar a suspensión desta obriga nunha disposición transitoria.

A parsimonia coas solicitudes de teletraballo actualmente en trámite

Para as solicitudes presentadas este ano e que estean en trámite á entrada en vigor deste acordo, a Administración amplía o seu prazo outros 3 meses máis para resolver o que non foi capaz de resolver, polo que haberá persoas que teñan unha agardar de ata 6 meses para poder teletraballar.

Medios propios OU ata un ano para que che concedan o teletraballo

No caso de non utilizar medios propios hai que esperar a que AMTEGA os facilite. A pesar do que di a nova modificación do EBEP, a Xunta establece que a obrigatoriedade de facilitar os medios non vai ser efectiva ata que transcorra un ano dende a entrada en vigor, o que supón que se a persoa non ten os medios non poderá teletraballar.

E o dereito á desconexión dixital?

Como xa dixemos aquí, na modificación do teletraballo no EBEP asinada por CCOO, UGT e CSIF, un dos motivos da CIG para non asinala foi que moitas das nosas demandas se contemplaban na exposición de motivos pero non na parte dispositiva e polo tanto non obrigaban ás administracións. Unha delas era a desconexión dixital, e parece que desgraciadamente tiñamos razón. Para a Xunta o que está na exposición de motivos non existe e por isto non contempla este dereito.

Conclusións provisionais

Parece que moitas destas limitacións, como a incompatibilidade con algunhas flexibilidades horarias ou con concursos e promocións internas, parecen destinadas a impedir que o persoal que teletraballa non sexa a maioría que en principio se deduce.

A Administración segue a gardar un as na manga ao establecer as necesidades do servizo como guillotina das concesións do teletraballo.

Todo parece ralentizarse, danse un ano de vacatio da obriga de facilitar os medios e prorróganse o seu prazo para resolver as solicitudes en trámite 3 meses máis.

En definitiva, que o que nos presentan é un documento ambiguo, con algúns avances, pero tamén con retrocesos. Retrocesos con respecto ao teletraballo COVID, pero tamén con respecto á regulación anterior.Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades  Municipios de Galicia - Xornal Galicia

Non parecen entender que o teletraballo non só é un dereito senón un sistema eficaz para dar cumprimento aos cometidos das administracións públicas, unha ferramenta que pode permitir a unha administración afrontar retos como o presente ou futuros. A percepción da Xunta de que o teletraballo debe ser algo anecdótico, restrinxido a uns poucos e graciable na súa concesión, é o pasado. E na CIG apostamos polo futuro.

(ligazón ao borrador dende o web de CIG-Autonómica: https://i.gal/Wdura

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.