GONZALO CABALLERO URXE A FEIJÓO A COMPARECER PARA “RECTIFICAR A SÚA COMPLICIDADE” COA VACINACIÓN IRREGULAR DA CONSELLEIRA DELEGADA DE DOMUS VI: “A SÚA CREDIBILIDADE ESTÁ TOCADA”

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Resultado de imagen de chefi feijoo xornal

O voceiro de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denuncia que “co persoal que temos, non existe posibilidade material” de que se cumpra o prazo de vacinación dado por Feijóo e reclama máis contratacións

O secretario xeral chama a “un gran acordo de todas as forzas” para negociar con Audasa que a bonificación das peaxes da AP-9 se manteña ata 2048 e pregunta á Xunta se tamén está “disposta a contribuír”

 

Santiago, 5 de febreiro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, subliñou hoxe que Feijóo ten que comparecer no Parlamento para “rectificar” a posición de “complicidade” que amosou coa vacinación irregular da conselleira delegada de Domus VI, “un imperio xeriátrico no que faleceron máis de 2.500 persoas” por mor da covid.

A credibilidade de Feijóo está tocada”, advertiu Gonzalo Caballero, consciente de que o dereito a ser vacinado “non vén dado pola capacidade adquisitiva” de ninguén, senón que o propio estado do benestar ten que ser o que garanta “a igualdade de todos”. “E por iso hai que ser moi contundentes fronte ás irregularidades no proceso de vacinación”, recalcou.

Así é que, fronte á “falla de ética e de estética” que supón a vacinación da conselleira delegada de Domus VI, o líder do PSdeG instou a Feijóo a “rexeitar” ese feito, ao igual que a vacinación da alcaldesa do PP en Boimorto. Ademais, engadiu, quedan “irregularidades” por aclarar na vacinación de 200 persoas en Pontevedra.

Non se poden usar os mecanismos do poder para vacinarse cando aínda non está inmunizado o persoal sanitario e de servizos sociais que traballan na primeira liña contra o coronavirus”, enfatizou Gonzalo Caballero, e chamou a reforzar os equipos dedicados á vacinación, así como o sistema sanitario en xeral, para vencer esta terceira onda da covid.

Consciente de que hoxe hai en Galicia 248 persoas en UCI e da saturación do persoal sanitario, o responsable do PSdeG incidiu en que “a Xunta ten que actuar fortalecendo a sanidade pública” dando resposta ás necesidades asistenciais e atendendo tamén “a chamada de auxilio” que están facendo os nosos sanitarios.

Ao respecto, o voceiro de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou que o goberno galego estea ofrecendo deliberadamente “información confusa” para “tentar agochar a gravidade da situación” tanto no que atinxe á saturación dos hospitais e, nomeadamente, das UCI, como no relativo aos procesos de vacinación.

A nosa lealdade co goberno galego para xestionar a pandemia non é complicidade ante as falacias”, evidenciou Torrado. De feito, tachou de “mentira” a afirmación de Feijóo de que as UCI están ocupadas ao 30%, cando están “practicamente cheas”, e sinalou que, nalgúns casos, están traballando nelas incluso profesionais non específicos desta área.

Así pois, levará esta cuestión ao pleno do Parlamento da próxima semana, xunto coa urxencia de aumentar as contratacións para facer fronte aos procesos de vacinación. Sobre todo, como sinalou, logo da “barrabasada” dita por Feijóo de que garantía a vacinación total de Galicia en “oito ou dez semanas”.

Co persoal que temos, non existe posibilidade material de facelo”, asegurou o parlamentario socialista, esgrimindo o cálculo de que é inviable inmunizar a 38.500 persoas ao día con 200 enfermeiras e enfermeiros. “Serían 192 persoas ao día cada enfermeiro ou enfermeira para un proceso que leva dez minutos: farían falla 32 horas no día”, resumiu.

AP-9

En paralelo, o máximo dirixente do PSdeG recordou que o Congreso aprobou esta semana a toma en consideración da proposición de lei para a transferencia da AP-9 a Galicia tralos “vetos” a debater esta normativa durante a etapa de Mariano Rajoy á fronte do goberno de España.

Ademais, Gonzalo Caballero puxo en valor as bonificacións das peaxes por 63 millóns de euros que o executivo presidido por Pedro Sánchez introduciu nos Orzamentos Xerais do Estado en contraposición coa decisión de Aznar de prorrogar a concesión da AP-9 ata 2048.

O goberno progresista está dando saltos cualitativos na rebaixa das peaxes e na transferencia da autoestrada”, destacou o líder socialista, quen apelou a “un gran acordo de todas as forzas” para que “se manteñan” esas bonificacións ata o fin da concesión.

E, tras sinalar que a rebaixa nas peaxes farase efectiva no primeiro semestre, “en xuño ou, se pode ser, en maio ou abril”, recordou que outras comunidades aprobaron bonificacións en autoestradas de titularidade estatal. “A Xunta está disposta a contribuír tamén?”, inquiriu.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.