Denuncian o uso da Xunta por Feijóo e PPdeG para vulnerar dereitos fundameitados para favorecer proxectos mineiros que contaminan o territorio galego, riós, montes etc.

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Xornal Galicia | La democracia muere con la perdida de la Libertad de  Expresión..Entre os proxectos favorecidos, destacan casos extremos, como o da Mina San Finx, que foi reaberta sen avaliación de impacto ambiental; ou a de Touro que busca a súa reapertura nos meses vindeiros, a pesar de informes negativos previos de Augas e Patrimonio Ecoloxistas en Acción pon en marcha a campaña “Algo se Esconde” que denuncia numerosos casos de ocultación de información e falta de transparencia por parte da Xunta de Galicia


Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2021. Ecoloxistas en Acción Galiza pon en marcha a campaña “Algo se Esconde” para denunciar a falta de transparencia da Xunta de Galicia na autorización de proxectos mineiros altamente contaminantes por todo o país. Só nos últimos anos, a Xunta aprobou proxectos para minas que non foron sometidas a avaliación ambiental, negou a personación no proceso de autorización tanto a organizacións ecoloxistas como a veciños e agochou información fundamental sobre os expedientes, que debería ser pública. 
Estes feitos deron lugar a numerosas denuncias xudiciais e queixas ante a Valedora do Pobo e outros organismos, amosando graves irregularidades, como no caso da mina de Touro, na que participa un dos maiores contratistas da Xunta de Galicia. A mineira acaba de anunciar a presentación dun novo proxecto neste concello, a pesar da contaminación ambiental continuada, a oposición veciñal e os informes negativos tanto de Patrimonio como de Augas de Galicia para o primeiro proxecto.
Outro caso salientable é o da Mina San Finx, en cuxa reapertura déronse numerosas irregularidades e que está en proceso de autorización de vertidos, aínda cando o proxecto non foi sometido a avaliación ambiental. Foi por este mesmo proxecto que foi imputado o director xeral de minas en 2019, Ángel Bernardo Tahoces por un presunto delito de prevaricación ambiental. Tensión cuando Jordi Évole regala "Fariña" a Feijóo: 'Habla de usted'
Segundo Cristóbal López, representante de Ecoloxistas en Acción, “estes casos de ocultación de información á veciñanza e ás organizacións ecoloxistas non son illados: é un modus operandi da Xunta de Galicia. A institución agocha expedientes, nega información sobre procesos en marcha e rexeita que as entidades que velamos polo medio ambiente nos personemos nos procesos que deberían ser públicos. Deste xeito, néganse os nosos dereitos fundamentais. E faise para favorecer proxectos que poñen en serio risco o medio ambiente e a saúde pública”. 
Durante os meses de outubro e novembro, a entidade ecoloxista difundirá estes casos coa intención denunciar as malas prácticas por parte da Xunta de Galicia á hora de xestionar as concesións mineiras e alertar sobre as graves consecuencias que isto pode ter sobre a cidadanía e o medio natural. 
Casos destacadosMina “San Finx”Abandonada e 1990 no contexto dunhas dilixencias penais por delitos ecolóxicos, esta explotación de estaño e volframio situada en Lousame reabriuse en 2009 coa aprobación de novos proxectos que non foron sometidos a avaliación de impacto ambiental nin a participación pública. Estes feitos implicaron a imputación do director xeral de Minas da Xunta en 2019, Ángel Bernardo Tahoces e outros funcionarios da Consellería de Industria. Nos últimos meses a Xunta, presionada pola contratista SACYR, tenta forzar a aprobación da autorización de vertidos mentres que impide a personación de colectivos veciñais e ecoloxistas, ocultando informes sobre a necesidade de someter a actividade mineira a avaliación de impacto ambiental.
Proxecto mineiro “Alberta I”Desde 2010 vense tentando poñer en funcionamento a que sería a primeira mina de litio en Galicia, situada sobre os concellos de Avión, Beariz, Forcarei, A Lama e Cerdedo-Cotobade. En 2013 comézase o procedemento de Determinación del Alcance del Estudio Ambiental, que nunca se finaliza. Cando en 2018 o Grupo SAMCA volta a iniciar o trámite para activar a concesión, a Xunta decide omitir o trámite de avaliación de impacto ambiental, ignorando as alegacións presentadas e negado a personación a Ecoloxistas en Acción e outros colectivos. Unha vez que o caso chegou aos tribunais, a Xunta procurou frear ilegalmente o recoñecemento da asistencia xurídica gratuíta a Ecoloxistas en Acción, mentres que desde concellos como os de Beariz ou A Lama se tentou desarticular os movementos de oposición veciñal mediante denuncias e procedementos sancionadores coa excusa da COVID.
Mina de TouroA multinacional Atalaya Mining pretende, en alianza con Explotaciones Gallegas, realizar un megaproxecto de minaría de cobre sobre máis de 122 km2 de dereitos mineiros. A súa “zona cero” sería o lugar da antiga mina de Rio Tinto, pechada nos anos 80 pero cuxos dereitos mineiros nunca foron declarados caducados. A inviabilidade do proxecto foi confirmada pola Xunta cunha DIA negativa en 2020 e unha resolución desfavorable en 2021, ante o cal a empresa voltou á carga cun novo proxecto. A pesar de ducias de visitas e centos de solicitudes á Xunta, a Administración continúa sen dar acceso á documentación dos expedientes, impedindo coñecer os detalles dos plans de restauracións e de labores. A mesmo tempo, a contaminación con metais pesados continúa mentres que a Xunta non obriga á empresa a adoptar as medidas ambientais necesarias.
VarilongoEsta mina de estaño e volframio de Santa Comba deixou de funcionar en 1986, sen que se obrigase á concesionaria a acometer a restauración. Ao longo dos anos, sucedéronse as denuncias e procedementos penais por contaminación dos ríos. En 2009 téntase reactivar xunto coa de San Finx, e igual ca nese caso, os proxectos apróbanse sen someterse á avaliación de impacto ambiental e trámite de participación pública, a pesar de que os propios enxeñeiros da Xunta informaran sobre a necesidade deste trámite. A explotación carece de autorización de vertidos, pero continúa desaugando as labores subterráneas inxectando metais pesados no rego da Carballeira, rego da Braña Ancha e río Xallas. Para evitar os trámites ambientais, a empresa de capital australiano e Xunta pretenden avanzar coa explotación a ceo aberto coa pantalla dunha canteira de áridos existente, aspectos sobre os que a Administración se nega a informar.
Proxecto mineiro Corcel (Castriz)Baixo a aparencia dunha empresa sueca, os mesmos inversores detrás da mina de Varilongo pretenden abrir unha mina a ceo aberto de cobre, níquel e cobalto sobre o espazo natural da Braña da Serra, un humidal con características únicas. Logo de tentar segregar unha parte dos dereitos mineiros de Varilongo para así tentar esquivar o trámite de información pública e avaliación ambiental, a empresa continúa realizando sondeos nesta zona sensíbel en ausencia de calquera plan de restauración. A Xunta, lonxe de actuar, ignora as denuncias impedindo a Ecoloxistas en Acción e outros coletivos a súa personación nos procedementos sancionadores que se arquivan sumariamente.
PenoutaEn febreiro de 2021 iniciouse o procedemento de avaliación de impacto ambiental da mina da Penouta, explotación que pechara sen calquera restauración nos anos 80 logo do colapso do imperio de Ruiz Mateos, “Nueva Rumasa”. A pesar de que Ecoloxistas en Acción denunciou como desde a explotación se estaba contaminando con arsénico, mercurio, cadmio e chumbo os cauces fluviais do LIC Pena Trevinca e afectando as traídas de consumo humano, a Xunta ignourou as alegacións e continúa sen sancionar ao operador. En novembro de 2020 produciuse unha nova rotura dunha das presas da mina, contaminando o suministro de Auga de Viana do Bolo, sen que se impuxese sanción algunha.
Ecoloxistas en AcciónEcologistas en Acción é unha confederación de máis de 300 grupos ecoloxistas distribuídos por cidades, vilas e aldeas de todo o Estado español. Ecoloxistas en Acción Galiza é a federación da entidade nesta comunidade autónoma.
Para avanzar na transformación do modelo de consumo e enfrontar os problemas medioambientais causados pola globalización, realizan campañas de sensibilización, denuncias públicas ou legais contra aquelas actuacións que danan o medio ambiente, ao tempo que elaboran e promoven alternativas concretas e viables de xestión sostíble dos recursos.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.