A GALIZA PROFUNDA

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Terrateniente con su "haiga" en la Galicia profunda, años 50: spain

Terrateniente con su "haiga" en la Galicia profunda, años 50: spain

Ao que parece o esperpento segue a ser o espello deformante con que adoitan nos ollar dende España. Cando xa nos estavamos a repor da aldraxe dese sonado programa televisivo de cociña onde botaron man dos eternos tópicos e do noso acento, sae unha sentenza dunha xuíza de Marbella que retira a custodia do seu fillo dun ano a unha muller por vivir na Galiza profunda, onde seica non há múltiples posibilidades para o adecuado desenvolvemento da personalidade dun neno e para que medre nun ambiente feliz. O neno fica co pai en Marbella por ser unha cidade cosmopolita con infraestruturas, un bon hospital e todo tipo de colexios, públicos e privados. Segundo a xuíza, a Galiza profunda cae nunha zona da ría de Muros e Noia lonxe de todo e sen opcións laborais.

 11106950323 127598c89e b

Pode que a xuíza non ande tan descamiñada co de situar a Galiza profunda en Noia pois de todos é sabido que esa vetusta vila foi fundada por Noé, o da arca, en recuados tempos, que a súa igrexa principal fica inconclusa e que alberga unha maldición. Tamén saberá a xuíza que acó está o conxunto de lápidas máis importante de Europa, co perigo que isto supón para unha criatura, a Feira medieval máis fetén e a mellor empanada de berberechos do mundo, despois da de Ferrolterra. Curiosidades ancestrais dun mundo atrasado. E anque está tan perto de Coruña e de Santiago, todos coñecemos que era terra de zapateiros e ben sabemos que o tronante e o demo frecuentavan ese oficio. Que oportunidades educativas e laborais vai ter un pequeno de un ano no que foi un dos portos máis importantes do Atlántico? Imos privar ao pequecho de chegar a ser o rei do tixolo ou o xeque da noite marbellí para rematar sendo un pobre mariscador que malvenda o ouro da ría a calquera restaurante malagueño?. E anque Noia tivo tres antigos hospitais no medievo cando Marbella aínda non fora reconquistada, agora havería que trasladar ao pequeno ao hospital de Santiago de se dar unha urxencia, dionolo queira, iso si, por unha autoestrada noviña. Por riba está esa torre inacabada coa lenda negra de que quen a rematara correría un destino fatal. E así foi cun cineasta que nos anos 70, elevou unha torre de cartón pedra para a rodaxe de A campá do inferno, precipitándose accidentalmente da torre e morrendo.

Que vai facer unha crianza entre a Cova da Moura e a Cascada de Argalo senón se criar coma un selvaxe megalítico ou se dourar ao sol, espido, no Castro de Baroña?Condearemos ao cativo a vivir coa súa nai como un simples muradán, exposto a esquecer a lingua de Cervantes, ese escritor castelán de apelidos galegos, por un galego con gheadas, poidendo ser políglota marbellí a facer negocios no Bounty Beach?. Poidendo vivir co seu pai nunha cidade cosmopolita de próspera industria hoteleira e golfista no paraíso da España seca, deixaremos que a crianza viva coa nai que o pariu nunha terra de bruxas, perigosas sereas que de xeito vertolán afogan mariñeiros para levalos aos seus leitos mariños, maroutallos, serpes voadoras, urcos que agoiran morte, destripadores de antano, malos ollos, compañas, tangaraños, terroríficas lamias e lurpias, lavandeiras da noite que nos reclaman torcerlle as roupas dos defuntos, pedras abaladoiras, sortilexios e pentáculos do Ciprianillo, revoltas priscilianistas, santuarios de morte, ondas fecundadoras, rapas das bestas, krakens e congros xigantes?. É de recibo acaso privar a un neno de se desenvolver en medio de urbanizacións de turistas torrados ao sol que máis quenta en areais de grava ou de ter lecer no parque comercial de La Cañada con cen mil metros cadrados de tenda para os escasos días de chuvia non máis que para o meter nunha profunda ría onde a brétema pare pantasmas e chove que non escampara?

Que xuíza nos seus cabales, cambiaría o luxo asiático e chic de Puerto Banús onde nos seus restaurantes VIP se pode desfrutar dun centolo por un ollo da cara ou os dous pola mar brava do porto de Muros ou Noia?.

Ben pensado e deixando a chacota, magoa que unha letrada non saiba que Noia estivo sempre ben comunicada, pola pedreira e vedraña Ponte Nafonso por onde ían e viñan persoas e mercadorías cara as bisbarras de Outes e pola Ponte de Traba, na antiga calzada romana, camiño da tan galega Braga. Pero aínda magoa máis que se lixe a palavra profunda para se referir ao mundo rural ou vilego como sinónimo de carente de cultura ou posibilidades de se desenvolver unha crianza no paraíso da Iberia vaciada.

Se a xuíza marbellí reparara no inferno que vai supor a suba da temperatura e das augas polo cambio climático libraría ao neno daquel clima abafante.

IOLANDA TEIXEIRO REI

FERROL

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.