Escándalo baixo o Goberno de Feijóo o sair á luz centos de postos ocultos durante anos

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

El pasado de Feijóo con los narcotraficantes y la corrupción generalizada  le " obliga a renunciar" a la candidatura para suceder a Rajoy en el PP  Nacional. - Xornal Galicia | Xornal GaliciaEducación busca regularizar os centos de postos agochados de persoal non docente nos centros educativos cun paripé de negociación e cargándose 44 prazas

A CIG denuncia que dende hai varios anos a Consellería de Educación seguiu un proceso precario e, como mínimo, escuro, na contratación de persoal non docente que pretende resolver neste ano a través dunha pseudo-negociación para a regularización en RPT de 370 postos de traballo que a consellería mantivo agochados durante anos (algún mesmo dende o ano 2012). Nesta modificación tamén aproveitan para amortizar 44 postos de traballo.

 

Por que denunciamos que a contratación é en precario e un proceso oscuro? Pois moi sinxelo. A contratación é en precario porque todo o persoal contratado dende hai anos, en moitos casos tería dereito a cobrar os pluses que os seus compañeiros/as que están en códigos de RPT teñen recoñecidos, pero a consellería non llos paga por ese mesmo motivo, por non estar incluídos na RPT.

Mediante este proceso escurantista de contratación no que estiveron agochados os postos de traballo producíronse dúas situacións ilegais:

  • Os postos non foron incluidos nas distintas OEP.
  • Froito diso, tampouco foron ofertados aos traballadoras/es laborais fixos nin en concursos de traslados nin en adscricións provisionais.

Se a situación non fora xa extremadamente grave, con este proceder a consellería de Educación conseguirá tamén que moitos dos traballadores/as laborais temporais que ocupan esas prazas e que levan máis de 3 anos nelas, poidan chegar a ser declarados persoal indefinido non fixo.

A CIG esixe responsabilidades

Quen se vai responsabilizar nominalmente de todas estas tropelías?. Dimitirá o director xeral de Centros e Recursos Humanos?. Cesarán ao subdirector xeral de Recursos Humanos (que leva no posto dende o ano 2007 e ten coñecemento sobrado do que aquí se denuncia)? Dimitirá o director xeral da Función Pública por ser o responsable máximo do control do persoal da Xunta de Galicia? Ou dimitirá o conselleiro? Na CIG estamos seguros de que nin vai dimitir ninguén, nin van sancionar a ninguén

A CIG non merca este peixe

O que pretenden é vendernos que aceptan a inclusión das prazas “creadas” neste curso 2021-2022 (na primeira proposta que nos achegaron non aparecían eses postos de traballo ocultos) e para “contentarnos” amplían seis medias xornadas a xornada completa e crean unha máis de persoal limpador e dúas de axudante/a de cociña máis en todo o país.
Isto supón a regularización de 370 prazas e a amortización doutras 44, cando o que realmente sucede é que as tiveron agochadas dende polo menos hai case seis anos cos prexuízos que eso lle supón as traballadoras e traballadores, como xa explicamos.

Como CIG solicitamos toda a documentación necesaria para analizar e, de ser o caso, avaliar as responsabilidades que se poidan esixir, vía negocial ou incluso vía xudicial, se así o consideraramos necesario, pero na segunda e última xuntanza do venres 17 de decembro acusáronnos literalmente de pedir moita documentación. Xa nos advertiron que parte da documentación solicitada directamente non nola van dar e a que din que si... que a porán á nosa disposición. Mais segundo a consellería, a documentación solicitada non inflúe nesta modificación, polo que non a achegan nin na propia mesa, polo que poñemos en dúbida que efectivamente se nos facilite.

Non aceptan ningunha das nosas alegacións como o abono de atrasos ó persoal que non cobrou os pluses, o abono de oficio das diferenzas salariais ao persoal de cociña, o plus de perigosidade nos CEE, as compensacións das itinerancias, a realización das avaliacións de riscos laborais en todos os postos de traballo... A consellería nen sequera contempla a posibilidade da apertura dunha mesa de negociación de ratios de limpeza e cociña, que entendemos como a única solución posible para a mellora das condicións de traballo deste persoal.

A CIG esixe que se manteñan os contratos de reforzos pola COVID

Por outra banda, o vindeiro día 22 de decembro rematan os contratos do persoal de reforzo de limpeza, que lembremos foi o único reforzo que a consellería admitiu para o persoal non docente nestes tempos de pandemia, a pesares de que a CIG solicitou en innumerables xuntanzas o reforzo tamén para o persoal de cociña. Pola parte da consellería a resposta foi sempre negativa. Diante do alto número de contaxios a día de hoxe nos centros de ensino, na última xuntanza a CIG volveu esixir o mantemento dos contratos de reforzo.

Toda esta desfeita preténdena facer co beneplácito sindical a través da “non negociación” levada a cabo. Pois xa lles adiantamos agora que a CIG non vai ser un monicreque nin na mesa de pseudonegociación nin fóra dela.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.