O CONCELLO DA LARACHA ANULA A LICITACIÓN DO CENTRO COMUNITARIO DE CAIÓN POR ERROS NO PROXECTO

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
alcaldelaracha solarinsua caion sandemuxñiz bngMOITAS SOMBRAS NO LONGO HISTORIAL DE TRAMITACIÓN DUN CENTRO SOCIOCOMUNITARIO PARA CAIÓN

O pasado mes de xaneiro anunciaba o concello da Laracha a adxudicación da execución do proxecto de construción do centro comunitario de Caión. Agora resulta que o goberno municipal vese na obriga de desistir desa licitación por erros no estudo xeotécnico e no proxecto. Pero antes deste último intento existe unha longa tramitación con moitas sombras  e diferentes proxectos durante varios anos para a construción, primeiro do centro sociocomunicario de Caión e despois o centro comunitario Costa da Morte de Caión, ata chegarmos agora a este último proxecto de centro comunitario.

Á marxe desta actuación en concreto que leva dado tantos bandazos, ou do proxecto para o frustrado campo de fútbol que se ía construír en Xermaña, cómpre preguntar ao goberno municipal do PP da Laracha cantos proxectos se levan encargado e pagado por parte do concello da Laracha, case todos ao mesmo estudo de arquitectura, que non foron executados?

 Con respecto ao agora proxecto de centro comunitario  de Caión (antes centro sociocomunitario de Caión  e centro comunitario Costa da Morte) exponse a continuación un resumo da traxectoria ata chegarmos a este punto, onde se poñen en evidencia as dúbidas xeradas e as sombras que cubren toda esta tramitación:

1º.- No ano 2016 o concello da Laracha asina un convenio co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para a construción dun centro sociocomunitario en Caión. Mediante este convenio a consellería aportaría cantidades económicas nas anualidades 2016, 2017 e 2018 para a construción do devandito centro. O concello chegou a recibir a cantidade correspondente á primeira anualidade (15.000 euros), non sabemos en concepto de que. A data de finalización do convenio foi o 31/12/2018, sen que se fixese absolutamente nada. 

2º.- Apróbase unha addenda a este convenio pola que se modifica o nome do centro, pasando a chamarse centro comunitario Costa da Morte.

3º.- Hai unha certificación que acredita que o Consorcio entregou ao concello da Laracha a cantidade de 14.999,99 euros (o correspondente á primeira anualidade do convenio, 2016, que son 15.000 euros). Como se di no punto 1º, non se fixo a día de hoxe absolutamente nada do devandito centro.  

4º.- O concello preséntase á convocatoria do GALP 3 solicitando financiación para a construción do centro comunitario Costa da Morte (acta Xunta de Goberno onde se dá conta da avocación da competencia por parte do alcalde para a solicitude desa axuda).

5º.- A Consellería do Mar denega a axuda do GALP 3 ao concello da Laracha por non acreditar a titularidade do terreo onde pretende construírse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. 

6º.- O concello da Laracha adxudica o proxecto para a construcción do centro comunitario de Caión.

7º.- O concello da Laracha desiste da licitación, polo que se anula a adxudicación da construción do centro comunitario de Caión.{attachments}

Son moitos os bandazos dados ao longo do tempo e moitas as dúbidas e as sombras sobre toda esta tramitación. Todo o que ten acontecido cos terreos destinatarios desta infraestrutura, onde era o antigo campo de fútbol da Ínsua, e todo o proceso anteriormente descrito, está a xerar moita incertidume na veciñanza de Caión.

Adxúntase a seguinte documentación: Convenio co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, addenda ao Convenio, certificación pagamento 1ª anualidade do convenio non executado, acta da Xunta de Goberno onde no punto 2 se dá conta da avocación da competencia por parte do Alcalde para solicitar a axuda do GALP 3, xustificación da solicitude de financiación ao GALP 3, denegación da axuda por parte da Consellería do Mar, anuncio no que o concello da Laracha desiste da licitación do centro comunitario de Caión, apostilla Xoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.